lunes, 21 de septiembre de 2009

Deicalogo Sr. Usui

Publico esté post en gallego, por motivos emotivo-personales pero añadiré la respectiva traducción para los que no conozcan está lengua.
Este é unha pequena homenaxe ao mangaka Yoshito Usui que apareceu morto o pasado domingo.

Este artista, creador da archicoñecida serie Crayon Shin-chan popularizada non mundo soamente como Shin-chan levaba nove días en paradoiro descoñecido.

Segundo vin, tras entregar todalas historias precisas para este ano tomouse un descanso, no que un día marchou sen acompañamente a facer senderismo aa prefectura de Gunma. Segundo os informativos nipones Usui finou tras un caida de uns 120 metros. Aínda que non quero falar da súa morte, se non da súa vida e obra e do que me supuxo a nivel persoal.

A dicir verdade non coñecin datos do autor ata fai relativamente pouco (un ano e algo) despois de que comezara a afeccionarme en profundidade ao manga e ao anime, pero sinceramente este home sempre ocupará un lugar no meu corazón pola súa obra Shin-chan.

Este foi durante moito tempo unha cita inviolable do meu día a día cando o emitían na TVG, xa que o seu humor escatoloxico e estupido eran un sustento que me gustaba recibir cada día.

Shin-chan xunto con moitas outras series como Dragon Ball, Kochikame, Doraemon fixeron feliz aa miña infancia e siguenme facendo feliz a día de hoxe.

Por último quero lamentar a prematura morte deste xenio do humor, que lograba converter calquera situación cotiá nunha festa.

Dende Ourense saudalle un fan que terá por sempre Sr Usui, xa que nestes días revisando vellos capitulos segues arrincandome sorrisos entre as bagoas de tristeza que veñen a mi ao ver outro episodio máis de Crayon Shin-chan.

Grazas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario